CRTVG

Buscar

A terceira vaga segue remitindo e os casos activos caen ata os 8.066

Publicado o 22/02/2021 10:15

• A Coruña e Ferrol, as únicas cidades en niveis superiores a 250 de IA

• A presión asistencial mellora, pero segue peor que en novembro

• Estes son os datos que manexa o comité clínico para decidir hoxe as restricións. Feijóo comparecerá ás 13.30, logo da reunión

A terceira vaga segue remitindo e os casos activos caen ata os 8.066

Continúa a boa evolución desta terceira vaga outra xornada máis, o día en que o presidente da Xunta se reúne co comité clínico para ditaminar que restricións se aliviarán e que novas medidas poderían adoptarse.

Hai 8.066 casos activos de covid-19 en Galicia, 550 menos ca onte. Segundo informa o portal de Sanidade sobre a pandemia, onte detectáronse 206 novos positivos a través de PCR (213 en total).

Por áreas sanitarias a repartición dos casos activos é a seguinte:

A Coruña: 2.647 (-222)

Vigo: 1.261 (-55)

Pontevedra: 1.078 (-72)

Santiago: 869 (-81)

Lugo: 795 (-43)

Ferrol: 838 (-23)

Ourense: 578 (-54)

A presión hospitalaria, en descenso

A presión hospitalaria aínda que xa por debaixo das dramáticas cifras de abril, segue por riba das do outono. Segundo o Sergas, hai 729 persoas ingresadas (-6): 583 en planta (+3) e 146 nas UCI (-9).

As cifras non son homoxéneras. A área de Pontevedra é a que máis está a sufrir a presións hospitalaria, sobre todo nas Unidades de Coidados Intensivos.

Onte o Sergas notificou o pasamento de catro persoas por mor da covid-19, o que eleva a cifra de vítimas da pandemia n país a 2.176.

Unha semana por debaixo do 5 %

Outro dato positivo está na taxa de positividade. Realizáronse 7.221 probas PCR, das cales deron positivo 206, o que representa un 2,85 %. Esta xornada é a sétima consecutiva por debaixo do limiar máximo recomendado pola OMS para dar por controlada unha pandemia (5 %).

Mapa de incidencia acumulada