CRTVG

Buscar

A terceira dose da vacina fronte á covid non é necesaria, segundo científicos da OMS

Publicado o 14/09/2021 15:08
A terceira dose da vacina fronte á covid non é necesaria, segundo científicos da OMS

A poboación xeral non precisa a terceira dose da vacina da covid-19. É a conclusión dun estudo publicado na revista The Lancet, elaborado por científicos da OMS e doutras institucións internacionais.

Alegan que as vacinas actuais son altamente eficaces contra a covid grave, e tamén fronte á variante delta. E aseguran que as reservas de vacinas salvarán máis vidas se se empregan para inmunizar as persoas que aínda non recibiron ningunha dose.

Noticias web

14/09/2021