CRTVG

Buscar

A tensión entre veciños e Consello Parroquial na Romaría de Santa Marta de Ribarteme remata en agresión á Galega

Publicado o 29/07/2020 16:00

Nova celebración tradicional marcada polo coronavirus, desta volta nas Neves. A polémica, desta volta, vai máis aló da pandemia e afecta a popular festa de Santa Marta de Ribarteme. A tensión é tal entre os veciños e o Consello Parroquial que unha persoa próxima a estes últimos acabou agredindo o equipo da Galega. Demetrio Morenza relata como todo é distinto este ano na romaría de Santa Marta de Ribarteme.

A ausencia da procesión de cadaleitos non é o único que cambiou. A pandemia obrigou a suspender a famosa tradición para evitar as aglomeracións de público nun recinto renovado logo das obras promovidas polo novo cura e polo acabado de constituír consello parroquial. Contra as súas accións protesta un grupo de veciños do lugar. Din que se senten excluídos dunhas decisións que alteran os seus costumes: como, supostamente, o levantamento de tumbas e vetos á entrada na igrexa. O presunto cambio de situación de Santa Marta no templo é o detonante. Por primeira vez, esta organización impediulles o paso aos reporteiros da Televisión de Galicia para comprobalo.

A presenza da Garda Civil rebaixa o ton dalgunhas discusións, xa que a tensión entre a organización e algúns veciños chega ás ameazas.



 

Noticias web

29/07/2020