CRTVG

Buscar

A tendencia para 2021 será viaxar pola Península Ibérica na burbulla dunha autocaravana

Publicado o 20/06/2021 21:31

Esta imaxe pertence ao verán do 2020. É o aparcadoiro do Cabo Udra cheo de autocaravanas con turistas vidos unicamente de territorio español e portugués. O que sucedeu en Bueu, onde se duplicou este tipo de turismo, pasou en todo o litoral galego. Agora, os estudos de mercado indican que no estío do 2021 veremos moitos coa casa ás costas e sen saír de territorio español.

No 2020 vendéronse un 20 % máis de autocaravanas novas que no ano anterior e xusto cando terminou o estado de alarma só nunha semana o alugueiro destes vehículos subiu un 94 % a respecto do ano anterior. E para o 2021 a perpectiva é que esas cifras volvan aumentar. O 68 % máis en vehículos de segunda man e outro 20 % en caravanas novas sobre os números de 2020.

Aínda queda percorrido de crecemento para asemellarse aos europeos.

Noticias web

20/06/2021