A tendencia muda en Santiago e soben os novos contaxios
Publicado o 23/03/2021 16:18
Hai algunhas cidades onde se nota xa un cambio de tendencia. É o caso da capital galega onde a cifra de contaxios xa comeza a preocupar.
En Santiago detectáronse na última semana 37 contaxios novos. Son case o dobre dos que se detectaran a semana anterior. A incidencia na capital galega tamén leva subindo cinco días, o que confirma o cambio de tendencia. Uns datos que obrigan a extremar a precaución.