CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Televisión de Galicia reúne 76 candidaturas aos premios Mestre Mateo

Publicado o 28/02/2018 21:41





A Televisión de Galicia suma 76 candidaturas na edición deste ano dos premios Mestre Mateo. Entre as producións con maior número de designacións está o programa 'A revista fin de semana', que elabora o departamento de informativos desta casa.

O equipo de 'A revista fin de semana' está de parabéns, xa que o seu traballo acaba de ser recoñecido con tres candidaturas aos Mestre Mateo. María Solar opta ao premio á mellor comunicadora.
Tamén aspiran ao premio ao mellor programa e nesta categoría compite con 'Land Rober', 'ADN galego' e 'Que casas!'.
Estas candidaturas, de momento, xa son un premio e valoran o traballo deste equipo tamén desde o punto de vista técnico.
O sábado pola noite, a partir das dez, poderemos ver todos, en directo, se 'A revista fin de semana' se fai con algún destes premios.

Telexornal Serán

28/02/2018