A Televisión de Galicia pon en conacto aos náfragos co rescatador da cámara
As fotos do Mistral salváronse, Joaquín desexaba porse en contacto cos naúfragos ingleses para darlles a nova do achado e poderlles enviar a cámara. A Televisión de Galicia localizounos e fixo posible un encontro por videoconferencia.
As cámaras captaron o momento en que os irmáns Harwood coñecen o home que , despois de tres anos, atopou a súa cámara a 54 metros de profundidade. Na conversa mostroullela e contoulles que estaba perfecta e que se podían ver todas as fotos do naufraxio malia que aínda mantén area e arneirón de estar tanto tempo no fondo do mar. Joaquín quedou encantado de coñecelos e poder enviarlles a cámara, e os buscados náufragos, aínda incrédulos e emocionados, intentárono co castelán para agradecerlle a Joaquín a recuperación deste tesouro.