CRTVG

Buscar

A tartaruga 'Vilán' volveu ao mar en Cambados tras dous meses de recuperación

Publicado o 31/07/2021 16:39

Este sábado soltaron unha tartaruga mariña en Cambados. "Vilán" embarcou ás nove nunha embarcación que a levou de volta ao mar. Fora localizada o pasado mes de maio na bomba de succión de auga mariña dunha granxa acuícola de Camariñas. A súa recuperación levouse a cabo nas instalacións da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños e da Xunta. Galicia é un lugar de paso oceánico no longo camiño que percorren estes animais para volver a reproducirse nas súas praias de orixe, nas costas do Caribe.






 

Noticias web

31/07/2021