A suspensión da ampliación do Prat tensa a xuntanza da mesa de diálogo Goberno-Generalitat
Indignado. Así se declara o presidente catalán tras a suspensión do proxecto para ampliar o aeroporto barcelonés do Prat. Acusa o executivo e AENA de executar unha manobra de presión para impoñer un deseño que a Generalitat cuestionaba polo seu impacto ambiental.
"Nos puxeron entre a espada e a parede. Ou aceptades como o queremos facer nós ou non hai nada. Iso é claramente unha chantaxe". sotén Pere Aragonès.
O executivo, que xa desbota retomar o proxecto ata dentro de polo menos 5 anos, bótalle a culpa á Generalitat polas críticas a un acordo que as dúas partes rubricaran hai un mes.
Isabel Rodríguez, voceira do Goberno, dixo que "se cadra, o que non sexa capaz de explicar o presidente da Generalitat é como foi capaz de deixar escapar para a súa terra un investimento de 1.700 millóns de euros".
A vicepresidenta segunda visitou este xoves os terreos obxecto da controversia. Unidas Podemos discrepaba coa proposta do Ministerio de Transportes e por iso Yolanda Díaz declarábase satisfeita.
A vicepresidenta segunda "invitaría todos os cargos públicos a que veñan aquí, porque seguro que se tocan o espazo é probable que cambien de opinión respecto da actuación que se pretende facer".
O choque prodúcese na semana previa á xuntanza da mesa de diálogo Goberno-Generalitat, aínda que as dúas partes insisten en que non afectará as conversas.