A suíza Marlen Reusser gaña a primeira etapa da Volta entre Cabeza de Manzaneda e A Rúa
Publicado o 02/09/2021 14:28
Hoxe comezou a 'Challenge La Vuelta', a Volta a España feminina.
A primeira etapa, que puideron seguir na G2 e tivo lugar en Cabeza de Manzaneda e A Rúa, foi para unha das favoritas, a suiza Marlen Reusser, que colleu vantaxe a do pelotón no treito final e rematou gañando sen deixar de pedalear.