CRTVG

Buscar

A suba do salario míniimo volve enfrontar a Calviño e Díaz

Publicado o 14/07/2021 15:23

A suba do Salario Mínimo mantén enfrontadas a vicepresidenta primeira e a segunda. Para Nadia Calviño, "este non é o momento de tomar decisións que poidan cambiar o marco en que se está producindo este fluxo positivo de traballadores que están reincorporándose ou atopando traballo". Pola contra, para Yolanda Díaz a medida debe ser aprobada con urxencia. "Non é crible un goberno da recuperación se non melloramos as condicións salariais dos máis débiles, é moi difícil de xustificar isto", aseguraba nunha entrevista. A remodelación do Goberno no limou as discrepancias entre a ministra de Asuntos Económicos e a de Traballo. 

Noticias web

14/07/2021