CRTVG

Buscar

Xa se aplica a suba das peaxes da AP-9, a autoestrada máis cara de España

Publicado o 01/01/2021 15:11

Sete euros custa dende hoxe viaxar por autoestrada entre entre Santiago e A Coruña, o traxecto de toda a AP-9 que máis sobe.

Audasa divide esta autoestrada en 48 tramos en función dos lugares onde teñen as entradas e as saídas e deses 48, 22 son hoxe 5 céntimos máis caros agás Santiago-A Coruña, que incrementa 10. A AP-9 é un ano máis a autoestrada que máis sobe do Estado.

Quen máis vai notar esta suba son os colectivos que a usan para traballar. O malestar entre os galegos vai a máis sabendo que no conxunto do Estado, hoxe baixaron as autoestradas de media un 0,11%. A suba das peaxes é xa para os galegos, un clásico de Aninovo.

Noticias web

01/01/2021