A suba da luz implica o aumento das cotas das comunidades de veciños
Publicado o 14/09/2021 17:21
Preocupación nas comunidades de veciños pola suba da luz e dos combustibles. Se os prezos seguen subindo haberá que elevar as cotas ou buscar alternativas.
Unha situación que está a repercutir en moitos sectores da economía. Panaderías, salóns de peiteados, hostaleiros... Unha situación que se complica porque está habendo atrasos na emisión das facturas.
Á espera de como repercutirán estas novas medidas aprobadas polo Goberno nos recibos da luz, os expertos recomendan seguir tendo en conta os horarios para que o recibo non suba tanto.
Tamén estudar ben a factura e buscar as mellores alternativas para pagar menos.
É a clave, din os expertos, para non sufrir tanto ese aumento nos custos enerxéticos.