CRTVG

Buscar

A sonda chinesa Tianwen-1 aterra con éxito en Marte

Publicado o 15/05/2021 23:31

China logrou este sábado aterrar en Marte a súa sonda Tianwen-1, o que marca un fito ao ser a primeira vez que logra pousar un módulo de aterraxe nun planeta que non é a Terra. A aterraxe supuña un gran desafío, xa que o planeta vermello ten a súa propia atmosfera, a diferencia da Lúa. Leva a bordo o robot Zhurong que vai investigar Marte durante polo menos 3 meses.

Conclúe así unha odisea de sete meses de viaxe espacial, tres meses en órbita e "nove minutos de terror" como definiron o momento desde o centro de seguimento na China. Posouse na vasta chaira coñecida como Utopia Planitia. China convértese non terceiro país na historia da humanidade que o logra e quere alcanzar aos Estados Unidos que xa enviaron varios dispositivos para percorrer o planeta.

A amartizaxe foi saudada na China coa pompa que merecen os acontecementos históricos con especiais na canle publica de TV CCTV chamado "Hola Marte"

Noticias web

15/05/2021