CRTVG

Buscar

'A sombra da lei', de Dani de la Torre, premio Celtic Media Festival a mellor drama

Publicado o 06/06/2019 19:14

Novo recoñecemento para a película galega A sombra da lei. O filme, dirixido por Dani de la Torre, acaba de gañar o premio á mellor película de drama no Celtic Media Festival.

Na produción da película participa a Televisión de Galicia, que segundo o informe anual da CNMC é a canle autonómica que máis inviste en ficción.

Televisión de Galicia desenvolve unha forte aposta polas series, a ficción galega e polo sector audivisual na nosa comunidade.