CRTVG

Buscar

A solicitude para declarar reserva da biosfera a Ribeira Sacra xa vai camiño da Unesco

Publicado o 04/12/2019 14:08

A Consellería de Medio Ambiente completou o último trámite da solicitude para declarar a Ribeira Sacra reserva da biosfera.
A conselleira Ángeles Vázquez presentou o último documento técnico na sesión constitutiva do Comité de Coordinación en Rede das Reservas da Biosfera de Galicia, da que forman parte axentes das seis reservas existentes na actualidade, as administracións central e autonómica e a Federación de Municipios. O documento, un estudio sobre 23 concellos da Ribeira Sacra, enviarase hoxe mesmo á Unesco.

"Agardando que con ese estudo, que se fixo con moito rigor e moita seriedade, pois o vindeiro ano xa Galicia teña a sétima Reserva da Biosfera e, polo tanto, o 42% do seu territorio baixo unha figura de protección", dixo Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.

Noticias web

04/12/2019