CRTVG

Buscar

A solicitude do certificado de vacinación causa ringleiras nalgunhas farmacias

Publicado o 22/07/2021 15:48

É o máis demandado hoxe nas farmacias de Carballo: o certificado de vacinación. "Si que o demandan máis e preguntan por el, porque antes non tiñas que ensinar o certificado para entrar nun sitio e agora pode facer falta en determinados concellos", asegura unha farmaceutica da localidade.

Hai xa tres semanas que se pode solicitar nas farmacias este certificado de vacinación, pero nas últimas horas o interese por telo mudou

O sábado, Carballo entra no nivel alto de restricións, así que dispoñer deste chamado carné covid, será un dos requisitos para poder acceder ao interior de bares e restaurantes.

Basta presentar a tarxeta sanitaria para facerse co certificado, que ben se envía por correo electrónico ou se imprime directamente na farmacia. A opción que semella dá máis confianza.

En Galicia, máis de 1.600.000 persoas teñen a pauta de vacinación completa e preto de medio millón xa solicitou o chamado carné covid.

 

Noticias web

22/07/2021