A Sociedade Española de Ácustica alerta sobre o aumento de queixas polo ruído nas veciñanzas
Desde que comezou o confinamento da poboación descendeu a contaminación acústica nas rúas das cidades. Porén aumentaron as queixas polo exceso de ruído nas veciñanzas. Así o afirman desde a a Sociedade Española de Acústica, que pretende concienciar sobre as molestias e os danos que provoca este ruído veciñal
"Non queremos deixar pasar este día sen que se escoite a nosa voz en defensa dunha contorna acústica máis saudable. A contaminación acústica é un problema sanitario de primeira orde que afecta gran número de persoas", di o presidente da Sociedade Española de Acústica
As festas que se montan en moitos balcóns para levantar o ánimo dos veciños xa derivaron na presenza policial a causa dalgunha denuncia polo elevado volume da música
"Achegouse a Policía Local, debe ser que algún veciño non está de acordo co tema da música e achegáronse ata aquí para dicirme que tiña que parar coa música. O que estamos intentando é que dalgún xeito se regule", sinala un veciño
E así fixeron nalgún concello como o de Sada, onde xa teñen regulado ás horas en que a música pode soar para toda veciñanza, tanto a diario coma nas fins de semana para poder contentar a todos
"Complicado para todos e tamén moita que ten nenos pequenos, xente que ten maiores que son dependentes e é un momento aquí polo menos como din os veciños de liberación, de osixenación"
A Sociedade Española de Acústica fai esta advertencia con motivo da celebración do Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído que se celebra este mércores