CRTVG

Buscar

A socialista Verónica Tourón toma a remuda na alcaldía de Salceda de Caselas

Publicado o 15/06/2021 15:00

Movemento Salceda, con catro edís, e o PSdeG, con tres, pactaran alternarse na alcaldía do municipio. Hoxe, cumpridos dous anos de goberno municipal, os socios déronse a remuda nun pleno extraordinario que elixiu a socialista Verónica Tourón como nova alcaldesa.

Movemento Salceda cre que a remuda é unha mostra de estabilidade no Goberno municipal. O Partido Popular, maioritario con seis edís, dixo que non presenta candidatura "por coherencia".

A xa exalcaldesa de Salceda asumirá a Concellería de Vías e Obras no novo Goberno municipal.

Noticias web

15/06/2021