A socialista Noelia Rodríguez proclámase alcaldesa de Ribadavia
A socialista Noelia Rodríguez proclamouse nova alcaldesa de Ribadavia. Foi tras o triunfo da moción de censura, impulsada polo PSdeG e Ribeiro en Común, contra o rexedor ata este martes, César Fernández, do PPdeG.
Durante a celebración do pleno, un grupo conformado por unha vintena de persoas concentrouse ás portas do concello ourensán con carteis para amosar o seu apoio ao alcalde saínte.
O PSOE recupera a alcaldía da localidade dous anos despois das eleccións municipais. Daquela, socialistas e Ribeiro en Común non foron quen de chegar a un acordo de goberno polo que o PdeG se fixo co bastón de mando.
César Fernández (PP) gobernaba en minoría co apoio de cinco concelleiros dos trece edís que conforman a corporación. Outros catro son do PSOE, tres de Ribeiro en Común e un do BNG.