A socialista Maria Chivite, investida presidenta de Navarra grazas a cinco abstencións de Bildu
Publicado o 02/08/2019 20:08
Non houbo sorpresas no Parlamento de Navarra. A socialista María Chivite converteuse esta tarde en presidenta da comunidade foral. Na segunda votación obtivo a investidura por maioría simple con 23 votos a favor, os dos partidos que apoian a coalición de goberno que presidirá. Votaron en contra Navarra Suma, e dous dos sete deputados de EH-Bildu. Como anunciaran, os outros cinco deputados da coalición abertzale abstivéronse para facilitar a investidura da socialista.