CRTVG

Buscar

A situación que vivimos tamén obriga a celebrar o Corpus de forma ben distinta á habitual en Ares

Publicado o 06/06/2021 14:49

Aínda que a veciñanza lamenta que esta alterativa non ten comparanza, detrás de moitos dos adornos que hoxe locen en vertical tamén hai días de traballo na busca e preparación do verde e das flores e horas e horas na confección dos motivos.

Neste tapiz investiron entre 10 e 12 horas, só de montaxe.
O pavo real, á porta do estaco, que leva moitas das miradas, obrigou a Celtia e a seu pai, os seus creadores, a construíren previamente unha armazón. 

O ano pasado xa se mobilizara un bo número de veciños, pero desta vez, moitos máis.
O concello organizou un concurso entre os participantes. Os agraciados recibirán un vale de 100 euros para gastar na hostalería e nos comercios da vila. Pero o alcalde subliña que o pobo non se moveu polo concurso senón pola tradición, que todos esperan recuperar plenamente o ano que vén.

Noticias web

06/06/2021