A situación na Pobra do Caramiñal mellora tras 12 días de peche perimetral
Publicado o 20/04/2021 16:20
Na peixería da Carmen están desexando que caia o muro invisible que pecha A Pobra desde hai 12 días. Con 39 casos activos e unha incidencia acumulada por baixo dos 500, podería haber un alivio nas restricións.
Especialmente pendentes están os hostaleiros. Algúns prepáranse para unha posible reapertura que lles permita, polo menos, usar parte da terraza.
Moi preto da Pobra, en Boiro, tamén mellorou a situación. A incidencia sitúase por baixo dos 150 casos e hai esperanza de que este outro concello da Barbanza baixe do nivel alto de restricións.