CRTVG

Buscar

A situación mellora en Cualedro

Publicado o 14/09/2020 08:27

Despois de horas de pánico, semella que a situación vai mellorando en Cualedro.

As lapas seguen activas, pero están afastadas do núcleo da parroquia de Carzoá, despois de que o domingo se activase a situación 2 de perigosidade pola intensidade dun lume avivado polo vento.

Estímase que foron arrasadas máis de 500 hectáreas calcinadas. Ademais, o lume obrigou a desaloxar as vivendas da parroquia. Con todo, dúas quedaron totalmente queimadas. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Os brigadistas tamén tiveron que sufocar dúas granxas con animais. Pediuse a intervención dos efectivos da UME. Durante a noite, os medios aéreos tiveron que retirarse, e quedaron en activo os terrestres.

Noticias web

14/09/2020