CRTVG

Buscar

A situación en Cuba abriu un novo debate político en España

Publicado o 13/07/2021 16:55

A situación en Cuba abriu un novo debate político en España. En Podemos din que o Goberno cubano non é unha ditadura e pídenlle que permita calquera tipo de manifestación. O PP lamenta que unha parte do Goberno apoie o réxime cubano, din, e queren que Sánchez se posicione. Acaba de facelo a súa nova voceira. Isabel Rodríguez non entra a valorar a postura de Podemos e di que o Goberno está preocupado pola situación na illa.

Noticias web

13/07/2021