CRTVG

Buscar

Empeora a situación en Chantada, onde a incidencia acumulada xa ascende a 355

Publicado o 12/05/2021 14:53

A situación no concello lugués de Chantada non mellora. O cribado da fin de semana achegou bos resultados, pero a incidencia acumulada supera os 35O casos por cen mil habitantes e non decae a preocupación.

Achacan a situación a que segue habendo quen non cumpre coas medidas. Nos últimos 14 días rexistráronse 29 novos contaxios. Case a metade dos positivos proceden dun gromo na residencia de maiores xa controlado.

Mentres tanto, os que sofren as restricións son os hostaleiros. Veciños e comerciantes agardan que a situación cando menos se estanque e non sigan retrocedendo.

Noticias web

12/05/2021