CRTVG

Buscar

Os contratos parciais e eventuais, principal escollo na negociación do ERTE en Stellantis Vigo

Publicado o 30/03/2021 22:03

Este mércores deberán decidir se asinan ou non ese expediente de regulación temporal de emprego que Stellantis propuxo ante a chamada "crise dos microchips", é dicir, o desabastecemento de pezas que mantén paralizada a produción en Vigo.

Esta tarde representantes dos sindicatos e da empresa reuníronse por terceira vez para negociar ese ERTE que Stellantis quere comezar a aplicar no mes de abril e que afectaría 3.643 traballadores a tempo completo. Haberá que agardar a mañá, pero algúns sindicatos xa manifestaron despois da xuntanza que non asinaran o ERTE nas condicións que propón a empresa 

O expediente de regulación temporal que puxo sobre a mesa a empresa afectaría máis de 3.600 traballadores a tempo completo. Unha proposta que rexeitan os sindicatos porque non recolle a súa petición de protexer tamén o persoal eventual e con contratos parciais

CC. OO. tamén fixo público nun escrito que non asinará un expediente de regulacion temporal que exclúe os traballadores do sistema 1 afectados polos paros do mes de marzo. É que o ERTE que propón a empresa comezaria o 1 de abril e estenderíase ata o 31 de decembro de 2021. Outros sindicatos non quixeron adiantar a súa postura porque din quedan horas para negociar

Os sindicatos están convocados mañá ás doce do mediodía para expoñer a súa postura ante a oferta final da empresa.

Noticias web

30/03/2021