A situación da covid en Ourense estabilízase con tendencia á baixa
Publicado o 18/05/2021 14:47
Nas últimas horas diaganosticáronse 6 novos contaxios na área sanitaria de Ourense, o mesmo que o número de altas. O día anterior foran 19, o que fixera medrar o número de casos activos tras 9 días en descenso.
Nos últimos 15 días os casos activos reducíronse nun 20 por cento e caeron case á metade os hospitalizados. Neste intre son 14, un deles na UCI.
Por iso, insisten, non se debe baixar a garda aínda que a incidencia acumulada na área de Ouresne sexa inferior a media galega e da estatal.
O concello que máis preocupa neste momento en Ourense é o de Lobios, onde sumaron nas últimas horas un novo positivo, chegando aos 21 casos. Pola contra, hai 51 municipios libres da covid.