CRTVG

Buscar

A situación co macrogromo non desanima a viaxar a Mallorca

Publicado o 01/07/2021 14:59

Os que embarcaban destino Mallorca decidiron manter a viaxe, malia que con algo de preocupación.

"Loxicamente imos preocupados, pero imos manter as medidas establecidas", di un pasaxeiro. "Eu xa lles digo aos meus fillos, a covid non a colles nun sitio, cóllela segundo o que fagas", di outra. 

E por iso algúns modificaron o plan previsto unha vez alá. Van buscando sol e praia, e coa idea de manter as medidas de protección.

"Xa non levabamos o plan de festa, así que non nos afecta moito", cóntanos unha moza de Melide, que viaxa con dúas amigas. "Imos estar as tres soas, nun apartamento", engade.

Guillermo, un mallorquino que estuda Medicina en Santiago, regresaba á casa con certo enfado: "Levamos un ano facendo as cousas ben alí, coa máscara, coas distancias de seguridade, e agora temos o verán mal, cando estabamos ben", explica.

 

Noticias web

01/07/2021