A sentenza polo crime de Diana Quer podería coñecerse en 2 semanas
Haberá que agardar entre unha e dúas semanas para coñecer a sentenza que dite o xuíz Ángel Pantín tras o veredicto emitido polo xurado popular no que por unanimidade declara a José Enrique Abuín culpable dos delitos de detención ilegal, asasinato e agresión sexual a Diana Quer.
Un veredicto que, segundo afirmou Juan Carlos Quer nunha entrevista concedida á Galega, pon en evidencia a verdade. Un legado consistente na prisión permanente revisable, tal e como Quer asegura que lle pediu Diana.
A prisión permanente revisable é unha petición que mativeron tanto a Fiscalía como a acusación particular tras escoitar o veredicto e á que se opoñeu a defensa. Agora a decisión depende do maxistrado, no que Juan Carlos Quer asegurou que confia plenamente.
Contra a senteza aínda cabería recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e posteriormente ante o Tribunal Supremo.