A sentenza do Tribunal Supremo sobre os 'riders' abre camiño
Publicado o 24/09/2020 09:55
O Tribunal Supremo determinou que os repartidores de Glovo, os chamados riders, son traballadores non autónomos. A sentenza explica que "Glovo non é unha simple intermediaria" e que os riders son empregados dela. Era unha sentenza moi agardada, pois fixa o modelo laboral que se terá que aplicar no mundo das plataformas dixitais.
Precisamente, hoxe, no Bos días, falamos con Catalina Capeáns, avogada laboralista, para profundar no que vai supoñer esta sentenza.