A Semana da Crítica de Venecia recoñece o fime galego 'Eles transportan a morte'
Publicado o 10/09/2021 21:18
Novo recoñecemento internacional para o cinema galego. No Festival de Venecia acaban de premiar a película 'Eles transportan a morte'. Unha ollada crítica sobre a colonización de América dirixida pola galega Helena Girón e o canario Samuel Delgado, e participada pola Televisión de Galicia. Déronlle o premio á mellor contribución técnica dentro da Semana Internacional da Crítica. O xurado pon en valor a innovación visual e sonora desta película de carácter experimental, rodada integramente en galego, a cabalo entre Ourense e Tenerife.