CRTVG

Buscar

A selección paralímpica de baloncesto tomba a Colombia e pasa aos cuartos pola vía rápida

Publicado o 27/08/2021 10:56

Terceira vitoria consecutiva: Corea do Sur, Canadá e Colombia

A selección paralímpica de baloncesto tomba a Colombia e pasa aos cuartos pola vía rápida

A selección de baloncesto masculina en cadeira xa está nos cuartos de final dos Xogos Paralímpicos de Toquio grazas ás tres vitorias consecutivas ante Corea do Sur (65-54), Canadá (78-41) e Colombia (74-56).

O combinado paralímpico, subcampión no Río 16, certificou hoxe o billete para os cuartos de final nun partido no que a selección colombiana opuxo moita resistencia ata o decisivo último cuarto, no que España cun parcial de 20-6 solventou o encontro.

Os galegos tiveron hoxe unha participación importante: 10 puntos para Manu Lorenzo e 4 para David Mouriz e Agustín Alejos.

Noticias web

27/08/2021