CRTVG

Buscar

A selección olímpica de balonmán vence con solvencia a Brasil e xa está nos cuartos de final

Publicado o 28/07/2021 14:23

Tres de tres en vitorias para a selección de Rodrigo Corrales, que hoxe foi suplente

A selección olímpica de balonmán vence con solvencia a Brasil e xa está nos cuartos de final

Primeiro obxectivo conseguido. Os hispanos xa están nos cuartos de final cun pleno de vitorias na súa conta particular.

Hoxe venceron con solvencia por 32-25 a selección brasileña. O gardameta cangués Rodrigo Corrales foi suplente. O seu substituo, Pérez de Vargas, anotou dous goles cando a Canarinha tentaba entregada recortar distancias no marcador.

 

Noticias web

28/07/2021