CRTVG

Buscar

A selección feminina de balonmán perde e xogarase o pase a cuartos na última xornada

Publicado o 31/07/2021 13:53
A selección feminina de balonmán perde e xogarase o pase a cuartos na última xornada

Derrota da selección feminina de balonmán diante de Hungría (29-25) que aínda non gañara ningún partido nestos Xogos. Un mal comezo fixo que o equipo da galega Alicia Fernández tivese que ir a remolque. 

Ao final do primeiro tempo o resultado era de 14-11 e durante a segunda metade tivo varias ocasións para poñerse cun só gol de desvantaxe pero as xogadoras españolas non aproveitaron as súas oportunidades. 

Con este resultado queda todo pendente da última xornada. España precisa, cando menos, un empate contra Rusia para non depender doutros resultados. No caso de perderen tamén habería posibilidades de meterse nos cuartos pero pasarían por depender dos outros resultados, sobre todo do enfrontamento Suecia-Hungría.