A selección feminina de balonmán logra o seu billete para os Xogos de Tokyo
Publicado o 21/03/2021 21:24
E a selección feminina estará nos Xogos Olímpicos logo de derrotar a Arxentina. España foi moi superior todo o partido, 19-10 no descanso, 16-31 ao final. Marta López foi a máxima goleadora con sete tantos, todos no primeiro tempo. A galega Alicia Fernández meteu tres. Xa son nove as seleccións españolas de deportes de equipo que irán a Tokyo.