CRTVG

Buscar

A selección española debuta na Eurocopa con Luis Enrique como 'líder'

Publicado o 14/06/2021 16:08

Arranca a Eurocopa para a selección española. Con dúbidas, con incertezas sobre a resposta que teña a formación de Luis Enrique.

Luis Enrique apunta ao título. Nos últimos encontros España careceu de gol. Morata e Gerard Moreno xuntos, Gerard Moreno unicamente como referencia en ataque. Rodri e Tiago na medular, Rodri con Koke. A aliñación é unha incógnita.

O líder é o seleccionador: "Os adestradores somos sempre líderes, para o bo e para o malo", declaraba Luis Enrique.

Dúbidas tamén no once sueco. A única certeza é que Isak será a referencia no ataque e que vai ser "un partido duro e difícil".

Noticias web

14/06/2021