CRTVG

Buscar

A selección española de fútbol volve a unha final olímpica 21 anos despois

Publicado o 03/08/2021 15:42

Os de Luis de la Fuente tombaron na prórroga o Xapón cun gol de Asensio asegurando unha medalla

A selección española de fútbol volve a unha final olímpica 21 anos despois

Outra medalla para a delegación española en Toquio. A selección española de fútbol está xa na final deste sábado contra Brasil despois de gañar na prórroga á anfitrioa.

A selección da que forma parte o gardameta cangués Iván Villar non era quen de dobregar aos nipóns ata que no minuto 115 Marco Asensio anotou o único gol da eliminatoria.

O seu rival na final, Brasil, chegou despois de eliminar a México nos penaltis. Será a décima medalla para a delegación española, resta saber se será de prata ou de ouro.

Noticias web

03/08/2021