CRTVG

Buscar

A selección de Rodrigo Corrales remonta e métese nas semifinais

Publicado o 03/08/2021 07:52
A selección de Rodrigo Corrales remonta e métese nas semifinais

Remonta espectacular da selección española de balonmán diante de Suecia nos cuartos de final do torneo olímpico (33-34) e o equipo do cangués Rodrigo Corrales chega ás semifinais. 

O porteiro galego foi titular, pero a grande actuación en ataque de Suecia no primeiro tempo fixo que o adestrador tivese que buscar solucións co seu compañeiro Pérez de Vargas. Os suecos estiveron imparables nun primeiro tempo no que se foron en vantaxe 18-20. 

A situación chegou a ser dramática para España cando pasado o ecuador do segundo tempo o resultado era de 26-29. Apareceu a mellor versión da selección española e cun parcial de 7-1 (33-30) déronlle a volta ao resultado e conseguiron a fazaña de meterse na loita polas medallas.

O partido será este xoves contra Dinamarca. Os daneses tombaron a Noruega 31-25.