CRTVG

Buscar

A selección de Corrales golea a Arxentina e clama vinganza contra Suecia en cuartos

Publicado o 01/08/2021 16:08
A selección de Corrales golea a Arxentina e clama vinganza contra Suecia en cuartos

Triunfo sen paliativos da selección española de balonmán na que xoga o cangués Rodrigo Corrales diante de Arxentina. Coa clasificación no peto o que se trataba era de colleitar un bo resultado para ter o mellor rival posible nos cuartos de final e España non fallou (36-27).

O partido comezou a racharse cedo grazas a un parcial de 7-1 que poñia o 12-5 no marcador. Arxentina, adestrada polo español Manolo Cadenas, tirou de todos os recursos, pero en ningún momento inquietou o triunfo español, que foi ao descanso cun +5 (17-12) e na segunda parte non fixo máis que incrementar a vantaxe conforme pasaban os minutos ata chegar aos nove goles de diferenza. 

Jordi Ribera puido dosificar os minutos nun triunfo moi coral con doce xogadores que achegaron goles. O seguinte paso será a selección de Suecia nos cuartos de final. Un partido con moito morbo porque os suecos foron os que eliminaron por un só gol a España dos anteriores Xogos Olímpicos.