A selección de balonmán cae nas semifinais e loitará con Exipto polo bronce (23-27)
O partido pola medalla de bronce será este sábado ás 10:00 horas

Dinamarca deixa á selección española de balonmán sen opcións de prata e ouro. A selección dinamarquesa fixo mostras da súa calidade individual e dominou durante todo o partido. Ao descanso España perdía 10-14.
Na segunda parte os de Jordi Ribera melloraron e o partido estivo moi apretado. De feito estiveron en dúas ocasións a só un punto, pero desaproveitaron as súas opcións e remataron perdendo por catro puntos de diferencia (23-27).
Pero aínda hai opcións de medalla. Concretamente teñen opcións dun bronce olímpico se son quen de tombar a Exipto este sábado ás 10 da mañá hora galega.
O meta cangués Rodrigo Corrales apenas tivo participación, saíu só un intre para deter un penalti.