CRTVG

Buscar

A Seguridade Social asumirá as axudas para os pais que teñen que quedar na casa para coidar os fillos

Publicado o 11/03/2020 20:34

España anuncia xa compensacións económicas para as familias que teñan que quedar na casa coidando a cativos aos que se lles suspenderon as clases. De momento, non é o caso de Galicia. O Estado compensaralles os ingresos, sen custo para a empresa. Será a cargo da Seguridade Social. Trátase, di o Executivo, de darlle facilidades aos traballadores e empresas.

O plan de choque do Executivo para paliar a crise do coronavirus inclúe partidas económicas extraordinarias para garantir a subministración nos hospitais. Pola crise sanitaria do coronavirus, de momento, quedan suspendidas todas as oposicións á Administración xeral que se ían celebrar nas próximas semanas. Tamén aprobarán moratorias para aprazar os pagos á Seguridade Social de empresas e autónomos ata un ano sen intereses. Sempre limitadas aos sectores máis afectados.

Noticias web

11/03/2020