A seguridade do 'Arde Lucus' contará co reforzo de policías locais convocados por decreto
De novo o Concello de Lugo recorre aos decretos para contar con policías locais nun acto multitudinario. Dentro dunha semana arranca o Arde Lucus e, ante a falta de axentes, convocan os que hai por decreto para facer reforzos. A alcaldesa di que hai que priorizar a seguridade cidadá e os policías teñen pensado recorrer.
A xunta de seguridade do concello de Lugo mantivo un encontro para abordar as necesidades do Arde Lucus. A cidade acollerá miles de persoas e compre reforzar os medios. Ante a merma de efectivos na Policía Local o concello di que prima á seguridade cidadá e convócaos por decreto.
Os axentes din que van sobrepasar as horas que marca o reglamento e que hai compañeiros que aínda teñen situacións semellantes sen cobrar.
Anuncian que recurriran estes decretos dado que sinalan que se trata dun evento programado e non dunha situación de urxencia que non se podía prever.