CRTVG

Buscar

A seguridade da cabalgata de Reis de Lugo está no aire pola falta de policías e bombeiros

Publicado o 04/01/2019 13:56

A seguridade da cabalgata de Reis de Lugo está no aire pola falta de efectivos e de mandos policiais. Representantes dos axentes aseguran que non estarán dispoñibles os 30 policías que deben conformar o dispositivo, e que ademais non hai ningún mando con competencias para coordinalo. Tampouco haberá, segundo din, efectivos suficientes do corpo de bombeiros. 

 

A pouco máis de 24 horas para a súa saída, a seguridade da cabalgata de Reis preocupa en Lugo. O Concello di que a protección está garantida, pero membros da Policía Local pertencentes a CSIF e Comisións Obreiras aseguran que o goberno municipal non convocou ainda aos 30 axentes necesarios para o dispositivo.


Manuel Cerdeira, policía local: "Empezaron onte a notificar os decretos para reforzar ese día e non sabemos a cantos lles notificaron. Nós tememos que o número de efectivos non poda garantir a seguridade do evento"

Manuel Cerdeira, policía local:: "Non sabemos como vai solucionar o goberno municipal este contratempo, que é un contratempo provocado por eles"

Din que non hai policías nin tampouco bombeiros suficientes para a cabalgata, unha circunstancia á que hai que engadir a ausencia dun mando que coordine o dispositivo, xa que tanto o xefe de policía como o de bombeiros renunciaron recentemente. Desde CSIF cren que todo se debe a unha falta de planificación por parte do Goberno municipal.
 

Noticias web

04/01/2019