CRTVG

Buscar

A Segunda B avanza cunha xornada integramente a domicilio

Publicado o 10/04/2021 15:28

Na carreira polo ascenso a 2ª, o Celta B precisa restablecerse trala derrota por 1 a 3 co Valladolid Promesas, e sair así do último posto.
Noutro reto ambicioso o filial celeste intentará conquerir mañá o Reino de León. Segundo clasificado, a Cultural Leonesa ven de gañarlle a Unionistas e xa ten 4 puntos máis.
Moito respecto entre rivais deste grupo de seis.

TOT ÍÑIGO IDIAKEZ. Adestrador da Cultural Leonesa
TOT BARRI. Celta B

No grupo intermedio, O Deportivo pretende acomodar o seu liderado.
Ten catro puntos de marxe, para garantir a praza na Primeira Federación. Mañá visitará o céspede artificial do Langreo.
rubén de la Barrera recupera a Uche Agbo, pero perde por lesión a Borja Galán.

TOT RUBÉN DE LA BARRERA

O Racing de Ferrol tamén pode manter o seu posto de privilexio se non perde na súa visita ao Numancia. Dous puntos separános na táboa.
Os ferroláns viaxarán sen Fer Beltrán nin Pumar, mancados.

TOT CRISTÓBAL PARRALO

E o Compostela apura as súas opcións para achegarse á nova categoría. Agora é cuarto, a 5 puntos da zona obxectivo. Visitarán ao último, o Marino de Luanco.

TOT YAGO IGLESIAS. adestrador do Compostela

O Pontevedra mantense líder na loita por non descender a Terceira, tras debutar con vitoria en Pasarón. Recupera imanol tras cumprir sanción, pero perde a Jorge Fernández, mancado esta semana, para visitar á canteira de Mareo.
Un Sporting B en situación complicada, a 3 puntos da permanencia.
O filial asturiano empatou a semana pasada en Coruxo.
Os vigueses teñen a posibilidade de meterse na zona alta esta fin de seamana porque Noutro duelo galego-asturianoviaxan para medirse ao Lealtada de Villaviciosa, que ten os mesmos puntos.


 

Noticias web

10/04/2021