CRTVG

Buscar

A saúde das cordas vocais reséntese polo uso da máscara

Publicado o 16/04/2021 20:48

Rouquén, cambio de timbre e enmudemecento. O uso da máscara provoca sequedade da gorxa e aumenta o esforzo para facernos entender e iso impacta nas nosas cordas vocais.

O profesor emérito de psicoloxía da Universidade de California, Albert Mehrabian, acuñou a xa famosa regra do 7-38-55 que di que nunha conversa, só o 7% do que percibe o noso interlocutor procede das palabras. No resto, que é comunicación non verbal, a voz aporta o 38 e a linguaxe corporal o 55%.

Co ton, co volume e coa entoación da nosa voz pretendemos compensar as barreiras que impoñen as máscaras, a distancia de seguridade e as videochamadas.

Os consellos que nos lembran os que coidan da voz son beber auga, pronunciar con claridade, non berrar e posicionar a pantalla á altura axeitada para que o contacto ocular sexa claro.
 

Noticias web

16/04/2021