CRTVG

Buscar

A sardiña grande véndese a dez euros o quilo na véspera das cacharelas do San Xoán

Publicado o 22/06/2021 14:43

Nos mercados xa cheira a sardiña. Din os vendedores que hai máis cantidade ca outros anos, pero aínda así segue escalando de prezo desde hai varios días.

Porque é moi probable que mañá se comercialice máis cara. Para moitos, o prezo non é un problema. Din que non renuncian á tradición e que a sardiña seguirá sendo o prato estrela en moitos fogares.

Sabendo que mañá pagarán máis polo peixe estrela do San Xoán, moitos agardan ata o último momento para conseguir as mellores sardiñas, que non faltarán en ningunha celebración.

Noticias web

22/06/2021