CRTVG

Buscar

A Santiago chegou un décimo do 00750, o número que ninguén pediu

Publicado o 22/12/2019 14:24


É un número cativo, en tamaño; pouco querido, pero hoxe ha de ser ben celebrado polo agraciado compostelán que teña o décimo no peto. Case seguro que non pediu por el, pero o 750 quixo saír da máquina deste estanco e trouxo 50.000 euros.

"O que estamos case seguros é que non o pediu ninguén. Foi un décimo saído ao azar. Deben pensar que ese nunca vai tocar. Ese é feísimo! Pero tocan, vaia se tocan. Comprobado." Di Begoña Viqueira, a loteira.

Un ano máis Begoña tivo que abrir o seu estanco nun día coma hoxe para atender os medios. Fachendosa recordaba que da súa máquina xa saiu un décimo do Gordo o nadal pasado, un segundo no Neno e outros premios ao longo do ano. A sorte, din, chama por máis sorte, e sobre todo por máis clientes. A persoa agraciada de hoxe non apareceu aínda, pero Begoña sabe que é moi probable que nuns días pase polo estanco. Así foi nas ocasións anteriores e como boa loteira garda, con discreción, os nomes dos afortunados.

"Soubemos dos dous que demos soubemos. E moi contentas de que lles tocase a xente que o necesitaba e que fosen clientes nosos." Di Begoña Viqueira, a loteira.

Confían en volver abrir o champán o próximo día 6, co Neno.

Noticias web

22/12/2019