CRTVG

Buscar

O Salón do Libro de Pontevedra continúa na Rede

Publicado o 23/03/2020 21:48

Coa lectura, coa cociña, cos monicreques, coa música, o catálogo do Salón está dispoñible na Rede ata o vindeiro 2 de abril, e pódelo levar ao salón da túa casa.

E despois de dúas décadas cumprindo ese obxectivo, nin o coronavirus ía poder coa ilusión dos pequenos e non tan pequenos, seareiros xa, que cada ano agardan impacientes esta cita coa lectura e a cultura infantil e xuvenil. Organizadores, Concello e artistas puxéronse á obra para
reconverter as propostas. Dito e feito.

E as actividades de gran formato que non se poidan reconverter tamén se poderán gozar en familia. Máis adiante, cando se volva á normalidade.

Noticias web

23/03/2020