CRTVG

Buscar

A Sagrada Familia de Barcelona reabre ao público tras sete meses pechada pola pandemia

Publicado o 29/05/2021 20:56

O público xa pode gozar outra vez do gran templo de Gaudí. A Sagrada Familia reabriu aos visitantes. De momento, só sábados e domingos en horario de mañá. Neste primeiro día, esta xoia da arquitectura modernista recibiu máis de 1.900 persoas. 

Un home explica que sobre todo acudiron visitantes locais e doutros puntos de España, pero que tamén escoitou algúns estranxeiros.

Aínda pendentes dunha maior reactivación do turismo, en efecto, non era difícil atopar voces de fóra.
Entre os estranxeiros máis dun congratulábase do oportuna que lles resultara a reapertura da basílica.

Para esta muller era o último día en Barcelona e andou áxil para reservar a entrada e non perder a oportunidade. Este rapaz tamén marcha o martes e estaba encantado de poder visitar o momumento antes.

Pero tamén atopamos un veciño que ten a basílica diante da casa e foi hoxe a coñecer o seu interior por primeira vez. Di que xa lle tocaba despois de 25 anos en Barcelona.

Antes da pandemia, a Sagrada Familia recibía máis de catro millóns e medio de visitantes ao ano.

Noticias web

29/05/2021